Mocións aprobadas sobre a marea negra
A marea negra que está a invadir as costas galegas tralo naufraxio do Prestige é unha catástrofe de enormes dimensións que vai ter consecuencias moi negativas e perdurables no tempo tanto na economía de Galicia como no seu medio natural. A pasividade demostrada polas autoridades do Goberno Central e da Xunta de Galicia ante este desastre levou á sociedade galega a autoorganizarse para combater a contaminación e a mobilizarse para esixir a adopción de medidas e a asunción de responsabilidades políticas. A nosa xente deu un auténtico exemplo de civismo, de solidariedade e de unidade á hora de se enfrontar a este problema.
É por iso que se presenta ao pleno da corporación a seguinte MOCIÓN:
1) Aplaudir o exemplo de solidariedade que se forxou en torno á catástrofe da marea negra, agradecendo especialmente: o abnegado traballo da xente do mar que loita a diario contra o chapapote: a colaboración de milleiros de persoas, tanto de Galicia como doutros puntos de Europa, que ofreceron o seu esforzo voluntario para a limpeza das nosas costas: e a xenerosidade de multitude de empresas que aportaron medios materiais de forma desinteresada para combater a chegada do fuel ás nosas costas.
2) Facer un chamamento aos vigueses e viguesas para que manteñan vivo este espírito de unidade e sigan colaborando como ata agora no traballo de recuperación económica e ambiental do noso país, que se anuncia prolongado no tempo.
Illas Cíes
O Parque Nacional das Illas Atlánticas é unha das zonas do litoral galego castigadas pola marea negra. Estas illas son un dos puntos máis valiosos ambientalmente do noso país, non só pola variedade de fauna que albergan, senon polo seu atractivo paisaxístico. As illas Cíes son ademáis un dos maiores atractivos turísticos das Rías Baixas, punto de visita cada verán de milleiros de persoas procedentes de toda Europa.
O enorme impacto causado pola marea negra no Parque Nacional non só ten unhas moi negativas repercusións ambientais senon tamén consecuencias funestas para o sector turístico. Por ese motivo preséntase ao pleno da corporación a seguinte MOCIÓN:
- Instarlle ao Ministerio de Medio Ambiente e á Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a:
1) Que realicen unha avaliación urxente do impacto ambiental da marea negra no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
2) Que elaboren no prazo máis breve posible, e de forma coordenada cos concellos afectados un Plan de rexeneración do Parque Nacional coa suficiente dotación económica.
3) Que poñan en marcha un programa de promoción turística das Rías Baixas que axude a amortiguar as negativas consecuencias da catástrofe económica e ecolóxica que estamos a sufrir.