Escoitar

O Concello concede axudas para a rehabilitación de cinco inmobles de interese histórico

luns, 23 dec 2002
O Goberno municipal aprobou a concesión de axudas por un total de 51.323 euros para a rehabilitación de cinco inmobles da cidade de interese histórico e arquitectónico. Catro deses edificios están ubicados no Barrio Histórico e son propiedade do Padroado da Casa da Caridade de Vigo.

Os inmobles que recibirán a axuda municipal para a rúa restauración son os situados na rúa da Oliva nº 14, nos números 34, 32 e 30 da rúa Poboadores e na rúa Marqués de Alcedo nº 7. A rehabilitación consistirá no arranxo das fachadas e as cubertas e a eliminación de elementos como antenas ou cableado exterior.

Por outra parte, o alcalde, Lois Castrillo, acaba de asinar co Instituto Galego da Vivenda e o Solo o convenio para desenvolver a 4ª Fase de actuacións de rehabilitación no Barrio Histórico de Vigo. Concello e IGVS levan cooperando dende 1999 no financiamento de obras de rehabilitación de vivendas neste ámbito da cidade, o que permitiu actúar xa en preto de 150 vivendas.

Nesta cuarta fase rehabilitaranse 50 vivendas máis, para o que se prevé un investimento de 1.269.095 euros. Os proxectos serán seleccionados pola Oficina de Rehabilitación do Concello de Vigo.