O mal tempo obriga a suspender o traballo dos voluntarios en Cíes
A persistencia do mal tempo levou ao Gabinete de Emerxencia do Concello de Vigo a suspender o traslado de voluntarios ás illas Cíes ata a vindeira semana. O mal estado do mar, que impide o desembarco con seguridade nos peiraos da illa de Monteagudo, xa motivou que se suspendera o envío de voluntarios o xoves e hoxe venres. As previsións non anuncian unha mellora nas condicións meteorolóxicas, polo que o Concello optou non enviar máis voluntarios ata a próxima semana.
O vindeiro luns desprazaranse ás illas varios integrantes do Gabinete de Emerxencia do Concello para planificar o traballo dos equipos de voluntarios nas semanas seguintes. Estes grupos encargaranse de sanear completamente as praias de Figueiras e Rodas e as rochas situadas no seu contorno. Da limpeza da Cantareira ocúpanse os efectivos do exército e de Parques Nacionais.
O Gabinete Municipal estudiará tamén como colaborar cos mariscadores e mergulladores que se encargarán da limpeza dos fondos mariños das illas. Será o Concello o que lles ofreza apoio loxístico para realizar ese labor.
Os bombeiros realizaron onte 28 servicios por mor do temporal
Os intensos trebóns de chuvia e os fortes refachos de vento rexistrados nas últimas horas en Vigo obrigaron aos efectivos do corpo de bombeiros a realizar 28 servicios na xornada de onte. As intervencións máis frecuentes consistiron na retirada de carteis e elementos do alumeado navideño que ameazaban con caer á vía pública.
Os bombeiros de Vigo tiveron que actuar tamén para socorrer varias persoas que a media tarde de onte quedaran atrapadas cos seus vehículos nunha poza de auga que se formou na rúa Julian Estévez. Tamén foi necesaria a súa intervención para cortar árbores caidos sobre estradas ou para recoller postes do tendido eléctrico derrubados.
Rexistrouse a caída de carteis publicitarios no Couto de S. Honorato, en Manuel Núñez e na Gran Vía. Tamén houbo que adoptar medidas de precaución ante a caida de elementos da fachada no número 66 da avenida Castelao.