Escoitar
A Concellería de Festas encherá o recinto, do 2 ó 6 de xaneiro, de xogos e actuacións para os nenos e nenas

O Pavillón de Coia converterase nun xigantesco parque infantil

luns, 30 dec 2002
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural converterá o pavillón de deportes de Coia nun inmenso parque infantil de Nadal. Este departamento municipal abrirá o recinto deportivo para os nenos e nenas da cidade, que poderán disfrutar dunha morea de actividades diversas, xogos e actuacións de magos e paiasos.

O gran parque infantil se manterá aberto entre os días 2 e 6 de xaneiro, e o horario será entre as 17 e as 20.30 horas, agás o día 5 que será entre as 11 e as 13 horas.

Entre as actividades destacan diversos xogos de inverno, como carreiras de sacos, de tres pés, de vestir ós Reis Magos ou tiros de corda. Tamén se realizarán diversos obradoiros nos que os nenos e nenas poden aprender a facer pequenos regalos, adornos e postais de Nadal. Como en outros parques de atraccións, haberá aparellos como tobogáns, futbolín humano, casa de pelotas e hinchables diversos.

O programa inclúe a actuación do Mago Rei Midas (día 2), o Mago Mac Claudio (día 3) e o paiaso Popín e os Bombolocos (día 4). Para o día 6 está prevista a representación de ‘Notenojes’ a cargo da compañía de títeres Pablo Nojes. Tódolos díarias haberá concursos de karaoke e estará presente o carteiro real.