Escoitar

Comezan os concertos no escenario da rúa Londres ás 23h con Miguel Lamas Cuarteto

<b>XOVES 2 DE XULLO</b><br /> - 11:00h. Academia de Sons. Obradoiro con Çe Orquestra Pantasma."Aprendices de nenas e nenos orquestra". Salón de actos do MARCO. Previa inscrición<br /> - 21:00h. Ohad Talmor Trio. Auditorio Municipal do Concello. Entrada: 5 euros<br /> - 23:00h. Miguel Lamas Cuarteto. Rúa Londres. Entrada libre.O saxofonista Ohad Talmor o xoves 2 de xullo en concerto en Imaxina Sons

mércores, 1 xul 2015
1435753109miguellamas.jpg
Miguel Lamas
Coa fin de semana á volta de esquina, a 11ª edición do Festival de Jazz de Vigo Imaxina Sons intensifica a súa actividade. O xoves 2 de xullo o saxofonista Ohad Talmor, nome de referencia na escena neiorquina actual de jazz, chega ao festival en formato trío xunto a outros dous grandes músicos: o guitarrista Miles Okazaki e o batería Dan Weiss.Será ás 21h no Auditorio Municipal do Concello cunha entrada de 5 euros. A continuación, comezan os concertos nocturnos da rúa Londres
con Miguel Lamas Cuarteto e entrada libre. Ademais continúa a Academia de Sons no MARCO co taller matutino "Aprendices de nenas e nenos orquestra".

Criado en Suíza, nacido en Israel e formado durante anos na escena neiorquina, Ohad Talmor compón para dúas linguaxes: jazz e clásica. De feito, formou parte da Orquestra Nacional de Portugal e da Sinfónica de São Paulo e a crítica considera no seu traballo a vontade de construír pontes entre clásica e jazz. Unha das súas últimas composicións é Concerto para Piano/Batería e orquestras dobres, estreada en 2010 polo Orquestra Nacional do Porto, a OJM Big Band e Jason Moran e Dan Weiss como solistas convidados.

As súas primeiras incursións na música tiveron lugar a través do piano, antes de decantarse polo instrumento que hoxe lle dá recoñecemento internacional: o saxo. Ademais da formación de trío, Ohad Talmor toca regularmente nun proxecto propio, Newsreel, unha formación flexible na que colaboran algúns dos músicos máis creativos da escena de Nova York como Dan Weiss, Miles Okazaki ou Jacob Sacks. Tamén colabora habitualmente con Jason Moran, Dave Douglas, Josh Redman, Carla Bley e Joe Lovano, entre outros. O concerto en Imaxina Sons 2015 ten lugar o xoves 2 de xullo ás 21h no Auditorio Municipal do Concello (Praza do Rei, nº1).

Comezan tamén o xoves ás 23h os concertos na rúa Londres (detrás do Museo de Arte Contemporánea de Vigo) con entrada libre e abrindo quenda Miguel Lamas Cuarteto.
Natural de Fene, pero afincado en Madrid, o batería Miguel Lamas fará unha parada en Vigo para presentar o seu primeiro e recente traballo discográfico, gravado ao longo do primeiro trimestre de 2015. Da ampla lista de músicos que forman parte da súa primera incursión como líder de banda, escolleu para o festival un formato de cuarteto integrado por tres colaboradores habituais: Pablo Añón ao saxo, Octavio Vargas ao baixo eléctrico e Iago Mouriño ao teclado. Lamas xira como músico profesional con artistas moi populares por todo o mundo e conta co patrocinio de marcas internacionais ao tempo que mantén a súa conexión co jazz con varios proxectos.

Venda de entradas:
www.ataquilla.com / 902 504 500
Central de Espectáculos (Velázquez Moreno, 26)
Concertos de pagamento
-Salón de actos do MARCO: 3 € + gastos de xestión
-Auditorio Municipal do Concello: 5 € + gastos de xestión
Venda de entradas no mesmo día dos concertos
Nos despachos de billetes da sala do concerto desde unha hora antes doseu comezo
Máis información:
www.imaxinasons.com / www.vigocultura.org
1435753109miguellamas.jpg
1435753151ohadtalmor.jpg
Descargar todas as imaxes