Escoitar

O Concello achega 40.000 euros á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos para a contratación de 4 profesionais

O alcalde de Vigo e os responsables da entidade asinaron este luns o convenio segundo o cal o goberno local achega 40.000 euros á Rede, cantidade que fai posible a contratación de catro profesionais na orientación e formación en igualdade, concienciación social e na mellora da empregabilidade das vítimas de violencia de xénero. O Concello de Vigo adica 1,2 millóns a políticas de igualdade e prevención.

luns, 4 mai 2015
1430741052rede.JPG
Abel Caballero rubricou esta mañá o convenio coa Rede de Mulleres contra os Malos Tratos, un acordo polo que o goberno de Vigo lles achega 40.000 euros para financiar a contratación de catro profesionais, co obxectivo de loitar contra a discriminación e en favor da reinserción deste colectivo.

Os traballadores contratados pola Rede con cargo ao convenio do Concello realizarán actividades de fomento, orientación e formación e igualdade, concienciación social e de mellora da empregabilidade coa atención directa e especializada na reincorporación ao mercado laboral e á sociedade das mulleres vítimas de violencia de xénero.

Segundo salientou Abel Caballero, o goberno que preside destina 1,2 millóns de eueros a políticas de igualidade e de prevención deste tipo de violencia.
Descargar todas as imaxes