Escoitar

O goberno local ultima o inicio das humanizacións de Alonso Ojeda, Martínez Garrido, Mestre Chané e Montecelo Alto

A Xunta de Goberno Local acordou este venres adxudicar provisionalmente as humanizacións de Alonso Ojeda e a praza de Martínez Garrido entre os camiños Medieros e Sobreiro, ademáis de aprobar a dirección da obra de renovación de Mestre Chané e Montecelo Alto. Caballero salientou que estas catro melloras representan case 800.000 euros de investimento municipal.

venres, 24 out 2014
O goberno de Vigo deu este venres un paso máis para o comezo dos traballos dos nomeados traballos de humanización, ao aprobar a clasificación das ofertas -trámite coñecido anteriormente como a aduxidación provisional- para a contratación das obras de reforma en Alonso Ojeda, en Teis, unha zona que está sendo "especialmente atendida por este goberno", e na praza existente en Martínez Garrido, entre os camiños Medieros e Sobreiro, no Calvario. Ambas remodelacións presentan un prazo de execución de catro meses e orzamentos de 240.000 e 290.000 euros, respectivamente.

A renovación das rúas Mestre Chané e Montecelo Alto tamén avanzou na sesión de goberno desta mañá, ao aprobarse o nomeamento da dirección facultativa. Neste caso, o expediente conleva un investimento algo superior aos 262.000 euros e novamente un prazo de execución estimado en catro de meses.