Escoitar

O alcalde anuncia un investimento de máis de 4 millóns en obras de mellora no rural

O Concello de Vigo adicará 4.140.000 euros a obras de humanización nas parroquias, unha cifra que supón que "só en 2014 e os primeiros meses de 2015 investiránse máis recursos no rural que nos últimos vinte anos". Así o avanzou o rexedor durante unha visita ao Camiño Pedreira, en San Andrés de Comesaña, para coñecer o estado da primeira fase dos traballos que se están a acometer na zona.

xoves, 11 set 2014
1410442641rural.JPG
O Concello adicará 4,1 millóns de euros a realizar obras nas parroquias o que, en verbas do rexedor, supón que "só en 2014 e os primeiros meses de 2015 investiránse máis recursos no rural que nos últimos vinte anos". O rexedor fixo hoxe xoves estas declaracións durante unha visita a primeira fase das obras no Camiño Pedreira, "a porta de entrada de San Andrés de Comesaña". Tal e como explicou, acométense actuacións moi importantes para a seguridade vial ao ampliar a zona peonil e eliminación de cunetas, xa que se trataba dunha estrada estreita, sen espazo para os peóns. Ademais, tamén se retranqueou a ubicacion dunha fonte que se vai conservar. Para realizar estas obras, explicou, o Concello contou coa cooperación de Zona Franca quen cedeu algúns terreos.

Nestes momentos, o Concello ten executadas ou en fase de execución obras por valor de 588.000 euros en Cesáreo Vázquez,Centro Cultural de Beade, antigo Concello de Lavadores, Igrexa Valadares, estrada Moledo, Goleta-Candeán, Areeiro-Sampaio, Aguadiña- Sampaio, ademais de Camiño Pedreira.

Segundo relatou, pendentes de inicio e por valor de 918.000 euros, están as obras das seguintes zonas: paso regato Vilaverde Zamans, Fonte Oscura–Candean, rúa Portela-Lavadores, rúa Parachán -Candean, San Xoán–Sampaio, Casal-Sampaio, Becerreira-Cabral, Carballal-Cabral, Parada-Matamá, Beirán -Matamá, Curva Sampaio de Abaixo-Lavadores, Ferradoura Sampaio–Lavadores, subida a Costa -Castrelose, ademais da renovación de luminarias en todo o rural.

Finalmente, o Concello conta cun investimento de 2,6 millónsn para obras que xa están en fase de licitación: Pavillón de Coruxo, Atlántida-Alcabre, A Balsa -Matamá, rúa Bravo -Navia, Camiño Oia e Rozo-Oia, Eira Vella – Saiáns, Subida a Rola–San Roque, Estrada Marco–Sárdoma, Camiño Pinguela–Valadares, San Cosme Zamáns, rúa Toledo-Calvario, Santa Mariña-Cabral, Pedreira fase II, Subida á Madroa, Subida a Mouteira-Bembrive, Sampaio, Roteas, Subida Gandarón, Camiño Fermín e Bagunda- Lavadores, Camiño Fondo-Castrelos, Baixada a Ríos–Teis, rúa Coutadas-Teis, Alonso Ojeda-Teis, Praza Martinez Garrido -Calvario, avenida Santa Mariña -Lavadores, Ramón Nieto–Cabral e, finalmente, rua Saá–Beade.
Descargar todas as imaxes