Escoitar

O Concello de Vigo adaptará os gardarraís da cidade para garantir a seguridade dos usuarios de motocicletas

O alcalde de Vigo recibiu esta mañá a un colectivo que lle fixo entrega de 102.000 sinaturas solicitando a adecuación ou sustitución dos gardarraís para garantir a seguridade dos usuarios de motocicletas. O alcalde comprometeuse a levar a cabo de maneira inmediata un plan especial para a modernización deste tipo de dispostivos existentes na cidade.

xoves, 11 set 2014
1410442429moteros.JPG
Nun acto simbólico que se celebrou na Praza do Rei, o alcalde acompañado do concelleiro de Participación Cidadá, Santos Hector, recibiu de mans de un grupo de máis de 100 moteros, as 102.000 firmas que entregarán o próximo 19 de Setembro ao Valedor do Pobo solicitando as diferentes admistracións a retirada ou adaptación dos dispositivos denominados gardarraís para garantir a seguridade dun colectivo que so na cidade de Vigo ten un número de vehiculos censados de máis de 65.000.

O rexedor ademáis de mostrar o compromiso do Concello de Vigo e a posta en marcha dun plan especial para a adaptación dos dispositivos que sexan de competencia municipal, comprometeuse a levar a Federación de Municipios e Provincias este proxecto para a implementación deste mesmo plan en todos os Concellos de España.

Por outro lado, en verbas do propio alcalde, "a moto e un medio de transporte eficaz e áxil cunha implantación moi importante na cidade de Vigo" e polo tanto dende o Concello estanse a levar a cabo diferentes iniciativas para fomentar o uso da moto na cidade como os pasos adiantados para motos en 13 puntos da cidade, a utilización dos carrís bus ou unha iniciativa pioneira en España que consistirá nun carril especial para motos na rúa Venezuela que se porá en marcha en próximas datas e que se extenderá posteriormente a outros puntos da cidade.

Asimesmo, o rexedor municipal quiso destacar o gran numero de estacionamentos especias para motos cos que conta a cidade e que se viron incrementados notablemente coas novas humanizacións.

Pola sua banda, os representantes deste colectivo quixeron agradecer expresamente o compromiso e a sensiblidade mostrada polo Concello de Vigo e o seu alcalde, que "se ve reflexado na posta en marcha destas iniciativas, algunhas delas pioneiras en España".



Descargar todas as imaxes