O Concello reordena o tráfico no entorno da Comisaría, que gaña 60 novos estacionamentos
Abel Caballero visitou hoxe o entorno da Comisaría Nacional de Policía en Vigo, onde o Concello reordenou a circulación e posibilitou pasar de 15 aparcamentos de coches aos 40 actuais, máis os 30 novos para motos e 6 para bicicletas. O alcalde cifrou en preto de 2.000 os espazos autorizados para estacionar as motos.
Caballero explicou que, coa reordenación, a rúa Pintor Lugrís pasou de ter 15 estacionamentos en liña para coches aos 40 actuais -en batería- e 30 novos aparcamentos para motos e seis máis para bicicletas.
Ante os medios, Caballero explicou que a cidade contaba no ano 2007 -á súa chegada ao Concello- con menos de 200 prazas de estacionamento para motos, polas case 2.000 dispoñibles este ano, un incremento do 1.000%. O rexedor tamén aproveitou para dar conta das reservas para discapacitados, que pasaron de 150 a 558 prazas nos últimos seis anos.
Para mellorar a circulación, segundo apuntou, o Concello adoptou este ano novas medidas como a instalación de sete novos semáforos e tres pasos de peóns, xunto ao repintado de seguridade de 68 pasos e ao rebaixe de beirarrúas en 41 puntos. Para as motos, o goberno de Vigo delimitou un espazo adiantado de seguridade nos semáforos da Avenida de Madrid coa Praza de España, na Avenida de Castrelos con Praza de América, na rúa Brasil, na Falperra, en Arquitecto Palacios, en Pintor José Frau e na propia Pintor Lugrís. A previsión municipal é sinalar novas zonas reservadas segundo se acometan asfaltados e humanizacións na cidade, como na rúa Venezuela, tal e como adiantou Caballero.
O alcalde recordou a decisión de autorizar a circulación das motos polos 17 carrís bus da cidade, salvo nos de Pizarro (entre Honduras e a Praza de España), Colón (entre Uruguay e García Barbón) e San Amaro (entre Barcelona e Praza de España), por motivos de seguridade e polos sensores de tráfico que priorizan aos autobuses. O parque móbil de motocicletas -21.985- e de ciclomotores -11.614- na cidade de Vigo representa o 17% do total de vehículos. "Imos continuar co deseño da cidade para facilitar a circulación e o aparcamento de motos", asegurou Caballero, por ser un "sistema que elimina coches da cidade e facilita e da fluidez ao tráfico".
Plan de semaforización
Abel Caballero detallou a primeira fase do plan que proxecta o Concello de Vigo, que contempla a instalación de novos semáforos en distintos puntos da cidade. O goberno local disporá un na rúa Venezuela que ocupe todo o parque infantil, tres na Avenida de Castelao (á altura dos números 17, 41 e 71, retirando ademáis os pasos elevados), en Clara Campoamor (no acceso ao parque empresarial de Valadares), en Gran Vía 144 (para o acceso ao centro comercial), dous en Areal (á altura da rúa Oporto e de Canceleiro), Álvaro Cunqueiro-Zaragoza 61 coa rúa Regueiro, dous en Hispanidade (á altura do número 44 e do 90), dous máis na Avenida das Camelias (ao remate da humanización en marcha) e un máis en Beiramar (á altura do Auditorio Pazo de Congresos). "Queremos unha cidade porosa", apuntou Caballero, como medida de mellorar a mobilidade e reducir os accidentes, sen afectar ao tráfico.
Descargar todas as imaxes