Escoitar

Educación organiza as I Xornadas de formación para o persoal das escolas infantís municipais

xoves, 26 set 2002
imx1801.jpg
Parque Santa Marta
As I Xornadas de formación para o persoal das escolas infantís municipais celebraranse a partir do 28 de setembro no Instituto Municipal de Educación. Na primeira sesión explicarán os proxectos educativos das tres escolas infantís municipais e tratarán as relacións familia-escola. Estes encontros contribuirán á formación especializada e á adquisición de coñecementos do persoal que traballa nos centros educativos do Concello.

A concelleira de Educación, Ana Gandón, presentará as xornadas o sábado 28 de setembro ás 10:00 horas. A continuación, intervirán as directoras da EI Santa Cristina, Enma Ríos Cobas, da EI Atalaia, Ruth Honrubia García, e da EI Santa Marta, Olga Sanlés Avión. Haberá unha táboa redonda na que participarán María Bertila Fernández Pérez (presidenta de Foanpa), Matilde Ferrer Enríquez (vocal de Foanpa), Fedra Alcaraz Laredo (presidenta Anpa EI Santa Cristina) e José Lorenzo Montoto (pai de alumno EI Atalaia).

O vindeiro 5 de outubro desenvolverase a segunda sesión de 10 a 13 horas para tratar as necesidades infantís e os sinais de identidade nun centro infantil, o tratamento da lingua e a coeducación. A relatora será María Luísa Abad (orientadora IES Paz Andrade).

A planificación de actividades nunha escola infantil será o tema da terceira sesión, que se celebrará o 19 de outubro de 10:00 a 13:00 horas. Será impartida por Pilar Villar, a directora da EI Rosalía de Castro.

A última sesión estará dedicada ás relacións familia-escola e ao xogo heurístico, a cargo de Felicidad Caballero, directora da EI Caeiro. Será o 26 de outubro de 10:00 a 13:00 horas.
Descargar todas as imaxes