Caballero destaca a inserción laboral do 50% dos participantes no obradoiro de emprego "Vigo Laborando"
O alcalde de Vigo fixo entrega este luns dos diplomas acreditativos dos cursos realizados por 120 participantes do obradoiro municipal de emprego "Vigo Laborando", dos que 61 persoas asinaron un contrato de traballo. Este programa vai dirixido a mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral dos desempregados.
Abel Caballero subliñou este luns que, dos 120 participantes desta edición, 61 asinaron contratos de traballo, unha inserción laboral superior ao 50% que amosa o "gran éxito" do "Vigo Laborando".
Segundo detallou o alcalde, catro dos empregados atoparon o seu posto de traballo na industria manufactureira, dezasete na automoción, doce no comercio, once en administración, cinco en hostalería, seis en educación e outros seis en servizos.
Abel Caballero informou que esta proposta de emprego deu comezo no mes de setembro e remata o día 30 deste mes, despois de ter formado aos participantes -todos eles procedentes das listas do INEM- en informática, idiomas, novas tecnoloxías, técnicas de búsqueda de emprego, etc.
"Vigo Laborando" é un programa dirixido á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral dos traballadores en situación de desemprego. Combina accións de natureza diversa, como información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral.
Descargar todas as imaxes