O Concello renova a flota de de vehículos e contenedores de reciclaxe por 2,8 millóns
12 novos vehículos e máis de 1.300 contenedores pasan desde hoxe a formar parte do equipamento municipal para facilitar a reciclaxe nas rúas de Vigo de cara aos próximos sete anos. Abel Caballero cifrou en 2,8 millóns o investimento durante unha unha visita a parte desta flota, na Porta do Sol.
O alcalde de Vigo presentou esta mañá a renovación de vehículos e contenedores de reciclaxe por un importe de 2,8 millóns de euros. Concretamente, incorpóranse 12 vehículos, dos que 5 son camións colectores de carga lateral; 1, un camión colector de carga trasera; 1 camión de caixa aberta con grúa; 2 furgóns e 3 vehículos de inspección, un deles eléctrico.
O lote inclúe, a súa vez, 2 vehículos acondicionados, así como máis de 1.300 novos contenedores. Servirán para recoller vidrio, envases, papel cartón e pilas. Tal e como explicou o rexedor, as islas de reciclaxe pasan de 525 a 650, o que supón un incremento "significativo".
Descargar todas as imaxes