Escoitar

O Concello edita dúas guías para fomentar a conciliación e a igualdade na xestión empresarial

A concelleira de Igualdade, Isaura Abelairas, informou este luns da edición de dúas publicacións que procuran formar ás empresas na igualdade como clave para mellorar o funcionamento da compañía e na conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

luns, 22 abr 2013
1366631396isaura.JPG
Isaura Abelairas presentou estas novas edicións, enmarcadas no IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo, que proporcionan ao sector empresarial claves para mellorar o seu funcionamento e para a participación equilibrada de homes e mulleres na vida laboral, persoal e familiar.

Segundo explicou a edil, ambas guías ofrecen información sobre o marco normativo de referencia (estatal e autonómico) na materia, que significa para as organizacións empresariais a integración da igualdade, os plans de igualdade como instrumentos que permiten integrar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes nas empresas, razóns e motivos para incorporar a igualdade na xestión empresarial.

A publicación destas novas ferramentas procuran asemade a adopción de medidas e/ou boas prácticas que poden pór en marcha as empresas para integrar a igualdade, informar da normativa existente sobre a conciliación da vida laboral, persoal e familiar das traballadoras e dos traballadores, e da regulación xeral dos distintos tipos de permisos -retribuídos ou non- aos que se poden acoller os traballadores e traballadoras.

Abelairas apuntou que, con esta iniciativa, o goberno local apunta ás empresas as claves para integrar a conciliación nas empresas viguesas e os beneficios que obteñen estas ao desenvolver unha política de conciliación.
Descargar todas as imaxes