Escoitar
Anuncio Deportes

Aprobación inicial do regulamento de servizos dos centros deportivos municipais xestionados mediante concesión de servizos públicos

venres, 19 abr 2013
O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 25 de marzo de 2013, adoptou o acordo de aprobación inicial do Regulamento de servizos dos centros deportivos municipais xestionados mediante concesión de servizos públicos.

Este Regulamento de servizos inicialmente aprobado, sométese a información pública, polo que poderá consultarse na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Vigo en horario de 9 a 13.30 horas de luns a venres, e de 9 a 13 horas os sábados, nos trinta (30) días seguintes á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia (ata o 22 de maio). Ao tempo, publicarase na páxina web do Concello de Vigo.

No suposto de que non se presentaran alegacións ou suxestións, o Regulamento entenderase aprobado definitivamente e procederase á publicación do texto íntegro do mesmo no Boletín Oficial da Provincia.