Escoitar

O alcalde eloxia a loita pola igualdade de dereitos da ONCE no 75 aniversario da súa creación

Abel Caballero tendeu a man aos reponsables da Fundación ONCE en Vigo para proseguir "nunha cooperación que nunca remata". Logo de louvar a loita pola igualdade de dereitos desta organización, leu un poema de Rosalía de Castro, nun acto no que tamén se conmemoraba o día do Libro.

martes, 23 abr 2013
1366735543once.JPG
Coincidindo coa a festividade do día do Libro e o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, os responsables da ONCE organizaron a letura de poemas de Rosalía de Castro dentro dos actos para conmemorar os 75 anos de vida da institución e os 25 da Fundación.

O rexedor, antes de recitar á poetisa galega, eloxiou o traballo pola igualdade de dereitos deste colectivo "xa que foron claves en España, en Galicia e en Vigo". Unha vez máis, tendeulles a man do Concello para fortalecer "unha cooperación que nunca remata".

O acto de letura proseguiu con membros da Fundación Otero Pedraio, invidentes con braille e a través de pantallas ampliadoras. Tal e como avanzou nunha rolda de prensa posterior, esta tarde o rexedor participará con voluntarios noutro acto de conmemoración do día do Libro, e neste caso elexirá fragmentos de El Quijote e de Hamlet, de Shakespeare.
Descargar todas as imaxes