Escoitar

Clase maxistral de saxofón na Escola Municipal de Música de Vigo

venres, 27 abr 2001
A francesa Marie Bernadette Charrier imparte esta fin de semana unha clase maxistral na Escola Municipal de Música, á que asistirán saxofonistas de diferentes puntos de España.

A clase maxistral desenvólvese dentro das actividades complementarias ó Seminario Permanente de Saxofón iniciado no mes de outubro na Escola Municipal de Música da Coruña, a cargo do profesor Pablo Coello, deixando así patente a colaboración entre estes centros e o seu compromiso coa educación musical.

Marie Bernadette Charrier desenvolve a súa actividade pedagóxica no Conservatorio Nacional da Rexión de Burdeos (Francia), ademais de master-clases en diferentes países como Francia, Alemania, Australia ou España. Mostra do seu recoñecemento internacional é a asistencia á súa clase en Burdeos de mozos saxofonistas de diferentes países do mundo.

A súa actividade concertista oriéntase cara a música contemporánea actual, realizando concertos en países como Francia, Alemania, España, Italia, Canadá ou Australia. Da súa colaboración con diferentes compositores xurdiron máis de 30 obras dedicadas a esta virtuosa do saxofón.

Música tradicional checa

O grupo tradicional checo ”Posumavská Dudácká Muzika” actuará na sala de audicións da Escola Municipal de Música de Vigo o vindeiro mércores 2 de maio ás 19:00 horas.

Esta actuación enmárcase no proxecto ”As Lizadias”, organizado pola A.F. Gaiteiros da Xistra e financiado pola Deputación de Pontevedra e a Escola Municipal de Música, que ofrece a posibilidade de coñecer músicas e tradicións doutros países.