Escoitar

Vigo manterá todos os ciclos do ensino musical

xoves, 26 abr 2001
O alcalde de Vigo, Lois Castrillo, chegou a un acordo co conselleiro de Educación, Celso Currás, para que Vigo manteña o ciclo completo da ensinanza musical nuns conservatorios adaptados completamente ás esixencias da Loxse.

O alcalde chegou a un acordo coa Consellería de Educación para a construcción do edificio que albergará o Conservatorio de grao elemental e medio e obtivo o compromiso da Consellería para que asuma a reforma do Conservatorio Superior do Castro.

O novo conservatorio de grao elemental e medio construirase nunha parcela de 5.500 m2 cedida polo Concello á Xunta na Florida, entre as rúas Fotógrafos Irmáns Sarabia e Felipe Prósperi. O custo desta obra estímase en 417 millóns de pesetas, dos que o Concello aportará 302 millóns e a Consellería 115. Unha vez rematada a construcción deste centro, a Xunta comprométese a executar as obras de adaptación do Conservatorio Superior do Castro e a completar o seu equipamento.