Escoitar

A Xerencia de Urbanismo inicia a tramitación do plan parcial para a Cidade do Deporte

A Xerencia de Urbanismo incoou o procedemento para a elaboración e tramitación do plan parcial no que se vai construir a futura Cidade do Deporte. Tal e como avanzou o rexedor, se prevé que en 20 meses estea tramitado o planeamento para comezar a construir

venres, 15 mar 2013
O alcalde anunciou hoxe venres a incoación do procedemento para a redacción do plan parcial Costa -Valadares que vai albergar a Cidade do Deporte. Deste xeito, a oficiña de planeamento e xestión da Xerencia de Urbanismo, na que hoxe se deu conta do proxecto, redactará a documentación precisa para facer o planeamento dun ámbito de 600.000 metros cadrados, cunha superficie edificable de case 300.000 metros cadrados. O solo ten uso global característico dotacional, cun 20% para terciario xeral asociado, un 5% para uso terciario hotelero e, por último, un uso compatible residencial cun máximo dun 5%.

Tal e como explicou Caballero, a xestión será por expropiación, o prazo de tramitación será aproximadamente de 20 meses e está concebido para que resulte a coste cero para as arcas municipais. A futura Cidade do Deporte acollerá instalacións de fútbol e atletismo; piscinas cubertas; ou un centro de alto rendemento para deportistas. Esta actuación, en verbas do alcalde, permitirá construir a Cidade do Celta e recuperar para a cidade as instalacións deportivas de A Madroa.

Durante a rolda de prensa, referiuse a reunión que mantivo o mércores coas asociacións veciñais e culturais de Valladares para explicarlles o proxecto. Reiterou a intención de estudar a petición dos veciños de preservar as 40 vivendas instaladas no centro do ámbito e que no PXOM estaban abocadas a desaparecer.

Por outra banda, na sesión desta mañá da Xerencia de Urbanismo, concedéronse 19 vivendas de obra e 5 de actividade, para un orzamento de 634.648 euros.