Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 14 mar 2013


ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 15 DE MARZO DE 2013.



1.- Actas das sesións ordinaria e extraordinaria urxente do 08 e dúas extraordinarias e urxentes do 12-03-2013.

ASESORÍA XURÍDICA
2.- Dáse conta das seguintes sentenzas e autos remitidos pola Asesoría Xurídica:

a) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A nº 388/12 P.A. Demandante: C.P. RÚA XÍLGARO, Nº 11. Obxecto: filtracións no soto do edificio. Firme, desestima o recurso, con custas taxadas. Expte Nº 7718/111

b) Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. RC-A nº 388/2012 P.A. Demandante: D. Francisco Spinola Prieto. Obxecto: Sanc. Tráfico. Arquiva o procedemento por incomparecencia do recorrente no proceso. Expdte. Nº 7190/111

c) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 3 de Pontevedra. RC-A nº 194/12 p.a. Demandante: Dª Ana María Enriquez Mariño. Obxecto: sanción tráfico. Firme, estima o recurso e anula o acto por incorrecta tipificación da infracción e falta de ratificación do axente denunciante, con custas. Expdte. Nº 7421/111

d) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. RC-A nº 26/2011 p.o. Demandante: D. Manuel Gato González. Obxecto: IMB e D, Ramal 2 da R. Cruz, Carballal, Bembrive. Non é firme, estima o recurso declarando que procede a baixa deste R-2 do Inventario Municipal. Expdte. Nº 6612/111

e) Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A nº 395/2012 P.A. Demandante: "DAPP PUBLICACIONES JURÍDICAS, S.L. Obxecto: Impagamento de contrato menor. Declara rematado o procedemento. Expdte. Nº 7725/111

f) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. RC-A nº 18/2011 P.O. Demandante: "ASOC. PROV. DE AUTOTAXIS DE PONTEVEDRA". Obxecto: Prórroga descanso obrigatorio dos taxis por quendas. Non é firme, desestima íntegramente o recurso. Expdte. Nº 6520/111

g) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. RC-A nº 383/2012 P.A. Demandante: D. ALBINO ESPIÑEIRA TORRES. Obxecto: filtracións de augas dende 2009. Firme, desestima o recurso. Expdte: nº 7742/111

h) Auto do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 1 de Vigo. RC-A nº 7/2012 P.O. Demandante: FRUTAS NIEVES, S.L. Obxecto: Taxa recollida lixo 2011. Firme, declara rematado o procedemento por satisfacción extraprocesual. Expdte: nº 7132/111

i) Sentenza do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Vigo. RC-A nº 146/2011 P.O. Demandante: CONYCASE, S.L. Obxecto: Cesión da titularidade da concesión de 3 estacionamentos subterráneos. Non é firme, desestima o recurso e confirma o acto municipal recorrido. Expdte: nº 6617/111.

BENESTAR SOCIAL
3.- Servizo de Axuda no Fogar. Exptes. 134/02, 2093/01, 2135/16.

4.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados polo departamento: xaneiro-febreiro 2013. Expte. 81147/301.

5.- Resolución recursos e renuncias, sobre subvencións a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro, ano 2012. Expte80924/301.

6.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Freijeiro de Axuda ao Necesitado (AFAN). Ano 2013. Expte. 80149/301.

7.- Proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Banco de Alimentos de Vigo. Ano 2013. Expte. 80658/301.

8.- Proxecto de convenio de colaboración coa institución "Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres". Período 2013-2014. Expte. 80952/301

9.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación Érguete, programa de pisos de apoio á incorporación social de drogodependentes. Ano 2013. Expte. 80638/301.


CONTRATACIÓN
10.- Devolución de garantías:

a) Longo Ansa y Asociados, S.L. Expte. 4371/241.
b) Transportes Pablo Val, S.L. Expte. 4377/421.
c) Api, S.A.-Hega Cuatro, S.L. Expte. 4780/104.
d) T-Systens ITC Iberia, SAU. EXPTE. 4382/241

CULTURA, FESTAS E MUSEOS
11.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados pola Área de Cultura, Festas e Museos. Febreiro 2013. Expte.236/330.

12.- Proxecto de convenio de colaboración coa Asociación veciñal e cultural Casco Vello para a organización da Festa da Reconquista 2013. Expte. 5001/335.
DEPORTES
13.- Proposta de actualización de tarifas polo uso das pistas de padel do complexo deportivo de Barreiro, derivado do incremento do IPC interanual. Expte. 11966/333

DESENVOLVEMENTO LOCAL E EMPREGO
14.- Proposta de solicitude á Consellería de Traballo e Benestar a cualificación como ILE do proxecto empresarial "VITA microalgas, S.L. Expte. 9573/77.

FESTAS
15.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados polo departamento: febreiro 2013. Expte. 5004/335.

INTERVENCIÓN
16.- Proposta de aprobación do modelo de oferta e contrato para a concertación dunha operación de préstamos para o financiamento do Plan de Investimentos 2013. Expte. 102137/140.

MEDIO AMBIENTE
17.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados polo departamento: febreiro 2013. Expte.9282/306.

MUSEOS
18.- Dar conta dos expedientes de gasto menor tramitados polo departamento: febreiro 2013. Expte. 302/341.




OSPIO
19.- Proposta de aprobación do Plan de Seguridade e Saúde da obra: "Execución e dotación do centro de interpretación de Vigo e a súa ría". Expte. 2312/443.

20.- Proposta de nomeamento de dirección facultativa obra: "Execución e dotación do centro de interpretación de Vigo e a súa ría". Expte. 2313/443.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
21.- Proposta de indemnización substitutiva a prol de IMESAPI, S.A., pola prestación do servizo de conserxería e atención ao público nos centros cívicos. Xaneiro 2013. Expte. 2776/321.

22.- Proposta de revisión de prezos do contrato do servizo de vixilancia dos centros cívicos. Expte. 2785/321.

SEGURIDADE, CIRCULACIÓN E TRANSPORTES
23.- Devolución de fianzas:

a) Justo Román, S.L. Expte. 84294/210.
b) Dª Cristina Iglesias Cabaleiro. Expte. 84295/210.
c) Magope, S.L. Expte. 84522/210.
d) Impermeba, S.L. Expte. 84523/210.
e) D. Miguel Angel Vila López. Expte. 84564/210.
f) Sánchez Álvarez, S.L. Expte. 84604/210.

URBANISMO
24.- Proxecto de Ordenanza municipal reguladora da tramitación das licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa no Concello de Vigo. Expte. 1021/400.

25.- Aprobación inicial do Plan especial de protección e acondicionamento Monte da Mina. Expte. 13677/421.

VÍAS E OBRAS
26.- Devolucións de fianzas:

a)Insyte Instalaciones, S.A. Expte. 68488/250.
b) Elyme, S.L. Expte. 67551/250.



XUVENTUDE
27.- Expediente de contratación do servizo de ludotecas na Casa da Xuventude e Coia. Expte. 3731/336.


28.- Rogos e preguntas.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 15 de marzo de 2013, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e aos demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para os efectos de información.


Vigo, 13 de marzo de 2013.
O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Dª. Mª Jesús Lago Rey.