O alcalde visitou a carpa instalada en Príncipe polo Día Mundial do Ril
Abel Caballero visitou a instalación disposta durante todo este xoves na céntrica rúa viguesa, en conmemoración do Día Mundial do Ril, onde especialistas realizan probas sinxelas para avaliar o perfil de risco de cada persoa e concienciar á cidadanía.
Segundo explicou Caballero ante os medios, o 10% da poboación ten algún tipo de dano no ril, cunha elevada presión arterial e a diabetes como principais causas da enfermidade. O Concello de Vigo coopera coa Fundación Íñigo Álvarez de Toledo na carpa de Príncipe.
Sanidade pública
Na mesma comparecencia de prensa, o alcalde anunciou que respaldará esta tarde coa súa presencia a manifestación convocada en defensa da sanidade pública. Caballero quere unirse "á voz e ao paso" de miles de persoas por unha atención gratuita e de calidade, movilizándose contra os recortes e a privatización.
Descargar todas as imaxes