O Concello autoriza a instalación de 11 kioscos de tempada para este verán nos arenais vigueses
A Xunta Local de Goberno aprobou hoxe venres o plan de ocupación, instalación e explotación de servizos nas prais. En total serán os 11 os kioscos de tempada os que se instalen este verán nos arenais de Vigo.
Once kioscos de tempada recibirán este verán autorización para prestar os seus servizos nos arenais de Vigo, tal e como aprobou esta mañá a Xunta Local de Goberno. Segundo o explicou o rexedor, a distribución dos kioscos será a seguinte: 1 para Punta da Guía; 1 para Santa Baia (Alcabre); 2 para Tombo do Gato; 1 para Argazada; 3 para Samil; 2 para o Vao e 1 para a Etea.
Por outra banda, e tamén na reunión da Xunta de Goberno, deuse luz verde ás obras de reparación e mantemento do entorno da igrexa de Zamáns. Cun prazo de excución de 3 meses e un orzamento superior ao cuarto millóns de euros, humanizarase o entorno da igrexa e construirase unha praza ao redor du cruceiro e a esculturas existentes, conseguindo unha nova zona peonil con pavimento de granito. Ademais, engadiu o rexedor, ampliaránse beirarrúas, dotaráse á zona de novo arbolado e mobiliario urbano.