Escoitar

O Concello cooperará no congreso de enxeñeiros da Eurorrexión que Vigo acollerá en maio

O alcalde garantiu hoxe luns a "cooperación" do Concello ao Congreso que organiza en Vigo o Colexio de Enxeñeiros de Caminos os próximos 20 e 21 de maio, con profesionais de Galicia e o norte de Portugal. Vigo acolle "unha das grandes obras de enxeñería civil que hai nestes momentos en marcha en España", a depuradora.

luns, 7 xan 2013
1357562823congreso.JPG
O Concello analizará os desenvolvementos e situacións da obra pública e da gran obra de enxeñería, segundo revelou posteriormente Abel Caballero, centrado singularmente na auga.

Vigo é a cidade elexida polo Colexio, entre outros motivos, por ser sede dunha infraestrutura "de rango excepcional" tanto polo seu orzamento como pola súa complexidade técnica, a nova depuradora, "unha das grandes obras de enxeñería civil que hai nestes momentos en marcha en España".
Descargar todas as imaxes