Escoitar
Normalización Lingüística

Curso de sombras chinesas

<br />

venres, 4 xan 2013
A Concellería de Normalización Lingüística organiza este curso gratuíto para maiores de 15 anos no Verbum (avda. Samil 17)
Datas: 15, 16, 17 e 18 de xaneiro
Horario: de 17:00 h a 20:00 h
Inscrición: os días 9 e 10 de xaneiro no correo electrónico ofi.normalizacion@vigo.org
Boletín de inscrición: na web www.vigo.org (avisos)
Prazas: 25 (por orde de inscrición)

Cada persoa debe levar: tesoira, cúter, lapis e goma de borrar. Coas siluetas deseñadas e recortadas por cada unha das persoas participantes vaise crear e escenificar unha pequena historia.