Escoitar

O Concello cede libros a varios centros de atención social da cidade

O alcalde de Vigo supervisou a cesión de 800 libros que desde o Concello se entregaron a Unidade de Traballo Social de Coia (antes UBA). Tal e como explicou, se entregaron outros tantos volumes á unidade de Rivera Atienza e ao Centro de Inclusión Social.

luns, 7 xan 2013
1357562900libros.JPG
Co obxectivo de que os lugares de atención social sexan referentes na transmisión da cultura do libro, o Concello ven de donar 800 libros á Unidade de Traballo Social de Coia e outros tantos á de Rivera Atienza e ao Centro de Inclusión Social. O rexedor, quen visitó esta mañá as instalacións da antiga UBA de Coia, cualificou de "extraordinarias" as dependencias, aludindo ao traballo das asistentas sociais e do centro, que inclúe, entre outros servizos, sa de ordenadores para formación ou ludotecas. En palabras do alcalde, o funcionamento destes centros "mostra a vocación social do Concello, que redobra esforzos nun momento tan complicado como este".
Descargar todas as imaxes