Escoitar

O goberno local estuda valar o percorrido das Cabalgatas para aportar "máis seguridade"

Tras o accidente acontecido en Málaga durante a Cabalgata de Reis, no que faleceu un menor, o alcalde de Vigo anunciou que o Concello estuda o valado do percorrido neste tipo de desfiles para aportar "máis seguridade" aos eventos.

luns, 7 xan 2013
1357562643alcalde2.jpg
Abel Caballero trasladou a súa "condolencia" aos familiares do pequeno falecido e á cidade de Malaga, e avogou por agardar ata coñecer as conclusións dos estudos que se realizan na urbe andaluza para esclarecer o acontecido.

En calquera caso, o goberno local defende "adiantarse" e xa estuda, segundo avanzou o alcalde, "a posibilidade de valar todo o percorrido" a partir de agora en desfiles como o de Reis, se esta medida aporta "máis seguridade" ao evento e aos asistentes. Caballero explicou que "a seguridade nunca é total" e os acontecementos destas características na cidade presentan garantias, mais "se vemos que coas vallas se minimiza o risco de incidentes" o Concello procedería ao efecto. "Non o descarto en absoluto", zanxou o primeiro edil.
Descargar todas as imaxes