Principian os actos da celebración do ”Día europeo sen coches”
A exposición sobre a problemática do tráfico nas cidades, enmarcada na celebración do ”Día europeo sen coches”, expón numerosos datos sobre o uso abusivo do vehículo privado e as consecuencias para a saúde e o ambiente. Os interesados poden visitala na lonxa do Concello ata o 20 setembro.
Mediante paneis informativos preténdese sensibilizar a poboación da necesidade de racionalizar o uso do vehículo privado e o fomento do transporte colectivo. Expóñense datos como que a mobilidade se estima en 2,5 viaxes por persoa e día e o 40% destes desprazamentos son inferiores a dous quilómetros que se poderían realizar facilmente a pé. Cada día laborable realízanse en Vigo 315.000 desprazamentos en vehículo privado e hai 538 vehículos cada 1.000 habitantes.
Establécense como causas do uso abusivo do vehículo particular o deseño das cidades pensado nos coches, o que supón a perda de espacio para as persoas, altos niveis de ruído, contaminación atmosférica e risco de atropelos. Recoméndase para conseguir unha cidade saudable e acolledora o emprego do transporte público, compartir o coche e realizar percorridos andando.
En Vigo hai 16 liñas e 116 vehículos de transporte colectivo, nos que se realizaron 19.744.088 viaxes no ano 2001. O uso do transporte colectivo diminúe o volume de vehículos en circulación e o autobús consome 5 veces menos enerxía que un coche particular.
En canto ás emisións á atmosfera, o transporte de persoas e mercadorías representa o 44% de emisións de CO2. Despréndese tamén dióxido de xofre (S2O), dióxido de nitróxeno, ozono, compostos volátiles orgánicos e monóxido de carbono.
No panel destinado aos efectos auditivos, ofrécense datos do mapa sónico de Vigo, en proceso de elaboración, con análise de rúas e horas. O 74% das persoas do Estado español están sometidas a niveis de ruído superiores aos 55 decibelios producidos pola circulación de vehículos.
As infraccións agravan os problemas de tráfico. En 2001 rexistráronse 3.891 accidentes de circulación na cidade e sancionáronse 80.134 infraccións, das que o 64% estaban relacionadas co mal estacionamento de vehículos. A falta de respecto dos conductores polas normas de tráfico e o estacionamento indebido orixinan atropelos, obstaculizan o transporte público e xeran importantes atascos. Explícase tamén o concepto de ”circulación flotante”, que consiste en coches que dan voltas e máis voltas na busca de aparcamento.
En 1997 había 500 millóns de vehículos no mundo e estímase que no ano 2010 haberá 1.000 millóns.
Descargar todas as imaxes