Parques e Xardíns recupera unha fonte do parque de Castrelos
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns, en colaboración coa de Servicios Electromecánicos, puxo en marcha unha das fontes do parque de Castrelos tras realizar un proceso de acondicionamento para o que foi necesaria unha limpeza axeitada e maila recuperación e substitución de tuberías para que funcionase correctamente. O investimento foi de 7.766 euros (1.300.000 pesetas).
O concelleiro Henrique Vieitez explicou que esta fonte, que levaba un tempo sen funcionar debido ao deterioro da construcción e ao óxido acumulado nas tuberías de ferro, tiña as paredes e os canles de auga obstruídos ante a falta de mantemento e desgaste acumulado durante moitos anos. A fonte alimentábase da mesma charca onde están os parrulos, debido a unha indebida construcción inicial, polo que os lodos e maila oxidación provocaron que se obturasen as tuberías que impedían que discorrese a auga.
Parques e Xardíns limpou adecuadamente as paredes de formigón e substituiu os conductos de auga por materiais máis modernos e resistentes para conseguir recuperar a estructura inicial da fonte e do seu contorno. Instaláronse novos proxectores de luz e cambiáronse 20 focos que estaban fundidos. Con esta reposición do alumeado conseguíronse os efectos lumínicos pretendidos para o seu correcto funcionamento.
Ademais da limpeza de paredes e tuberías, foi necesaria a colocación de válvulas e electroválvulas novas que farán que os chorros de auga teñan unha intensidade constante coa posta en funcionamento da iluminación.
O parque de Castrelos é un dos lugares emblemáticos da cidade máis concorridos polos cidadáns que buscan un lugar para pasear e practicar deporte ao aire libre. Esta fonte, situada preto da estrada na zona baixa do parque, é un dos atractivos que contén esta zona verde e un lugar de encontro no tempo de lecer.
Descargar todas as imaxes