Escoitar
Adxudicada a concesión do restaurante-cafetería do MARCO

Novos coches patrulla para a Policía local

luns, 16 set 2002
A Comisión de Goberno aprobou a adquisición de tres novos coches patrulla para a Policía local. Estes tres vehículos, preparados con equipos de detención, emisora, tacógrafo, botiquín e todos os elementos necesarios, custarán 63.000 euros.

Esta compra está enmarcada no plan que impulsa o goberno municipal para renovar e mellorar o equipamento da Policía local. O pasado ano investíronse máis de 200.000 euros na renovación de vehículos policiais e neste exercicio, ademais destes tres coches patrulla, compráronse varias motos de 500 cc, susbstituíronse todos os cascos dos axentes motorizados e se renovaron as armas dos policías do corpo.

Adxudicada a concesión do restaurante-cafetería do MARCO

O goberno municipal aceptou a proposta presentada por Marcelino Tejedor González para explotar o restaurante-cafetería do Museo de Arte Contemporanea. Este restaurador rexenta na actualidade un establecemento en Santiago denominado Casa Marcelo.

Na súa oferta, o concesionario comprométese a manter un horario ininterrompido de 8:00 a 24:00 horas. O seu proxecto propón prestar tres servicios diferentes no local:
- cafetería
- xantares de mediodía con prezo económico (Xantar-box). Comida completa con carne ou peixe servida nunha caixa que permite comer no local ou levala.
- Cea degustación de alta calidade servida con mantelería, cubertería e porcelana de deseño propio.

De inmediato comezarán as obras de adaptación do local que ocupará o restaurante no interior do Museo, seguindo un proxecto elaborado polos mesmos arquitectos que realizaron a reforma do edificio.