O Concello colaborará no Congreso Nacional de Libreiros que acollerá Vigo en abril
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, entrevistouse este venres con responsables deste evento, que citará do 10 ao 13 de abril a alomenos 300 persoas deste sector cultural. O goberno local cooperará co Congreso pola proxección da cidade e por ser o libro "parte central da cultura".