Escoitar

O Concello facilita a contratación de 2 persoas para a Confederación galega de persoas con discapacidade

O alcalde e responsables de Cogami asinaron esta mañá un convenio que lle permitirá á Confederación Galega de persoas con discapacidade contratar a dúas persoas. O Concello aporta 25.169 euros dentro do Plan Municipal de Emprego.

mércores, 5 dec 2012
1354711806empleo.JPG
O alcalde asinou hoxe mércores un convenio de colaboración con Cogami (Confederación galega de Persoas con Discapacidade) por importe de 25.169 euros para xerar dous postos de traballo. Este acordo enmárcase dentro do Plan Municipal de Emprego polo que o Concello aprobou xa convenios por valor de 2.174.126 euros, que permitiron a contratación de 249 desempregados. Tal e como explicou o rexedor, o investiemento total deste programa é de 2,4 millón de euros para crear 350 postos de traballo.
Descargar todas as imaxes