Escoitar

Caballero prevé que os adxudicatarios das vivendas sociais de Navia ocupen os pisos en xaneiro

Abel Caballero felicitou hoxe martes aos adxudicatarios das 28 vivendas sociais de Navia, que poderán ocupar o seu piso ao longo do mes de xaneiro. Acompañado pola tenente de alcalde e concelleira de Urbanismo, Carmela Silva, o rexedor gabou as vivendas e avanzou aos futuros inquilinos que o luns 10 de decembro poderán vistalas para elixir piso.

martes, 4 dec 2012
1354626068navia.JPG
Abel Caballero e Carmela Silva recibiron esta mañá aos 28 adxudicatarios das vivendas sociais en Navia que o Concello sorteu en réxime de aluguer. Tal e como lles explicou, será o luns día 10 cando poidan visitar os pisos para elixir, seguindo a orde do sorteo realizado ante notario. A partir dese momento, redactaránse os contratos e procederase á entrega de chaves, co obxectivo, dixo, de que ao longo do mes de xaneiro se realicen as mudanzas.

Segundo lembrou en rolda de prensa, os pisos teñen tres habitacións, trasteiro e garaxe e os alugueres oscilarán entre os 110 e os 160 euros, prezos "asequibles" para persoas de rendas limitadas.

Dos 28 pisos sorteados, 6 están reservados para persoas con mobilidade reducida; 13 para persoas con ingresos de hasta 1,5 IPREM (13.900 euros/ano cun fillo); 9 para persoas entre 1,5 e 2,5 IPREM (ata un máximo de 23.000 euros familia de 3 persoas) e, por último, 7 das vivendas quedan para casos de emerxencia social.
Descargar todas as imaxes