Caballero solicita a Feijóo unha reunión "para acordar un plan de acción para Vigo"
O alcalde de Vigo envioulle unha carta ao novo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, solicitándolle unha entrevista, ao tempo que destacou que "hai un ano e medio que lle pedín unha reunión e non houbo resposta". Tal e como explicou, na carta avanza as cuestións máis importantes para a cidade.
O rexedor anunciou hoxe luns o envío dunha carta ao presidente da Xunta solicitándolle unha entrevista "para acordar un plan de acción para Vigo que rectifique o antigo rumbo", en referencia á xestión da Xunta na cidade durante o anterior mandato. Nesta misiva, tal e como explicou, anticíopanse as custións pendentes maís relevantes en Vigo, en relación coa administración autonómica.
En resposta a unha pregunta dun xornalista sobre a valoración do novo goberno da Xunta, Caballero aclarou que el "so valora obxectivos para a cidade, na búsqueda de prantexamentos cooperativos". Durante a súa intervención, reprochou a Feijóo non ter resposta a unha petición de reunión que fixo hai ano e medio.
Descargar todas as imaxes