O alcalde avanza un orzamento para 2013 volcado no emprego e nas políticas sociais
A concelleira de Facenda, Raquel Díaz, comezou os traballos de elaboración do orzamento de 2013, tal e como lle solicitou o rexedor, quen explicou hoxe martes en rolda de prensa que sería "bo para a cidade" que o documento fora aprobado antes de finais de ano.
O alcalde reiterou esta mañá a posta en marcha da maquinaria de elaboración dos orzamentos para 2013, unha vez que a concelleira de Facenda, Raquel Díaz, recibira instruccións nese senso. Diante dos medios de comunicación, Caballero explicou que hai uns días que xa se traballa no orzamento de ingresos "que irá á Xunta de Goberno nos próximos días" e anunciou que "xa estamos elaborando o documento dos gastos propios do Concello". Avogou por aprobar as contas de 2013 antes de de que finalice o ano porque "é bo para a cidade" e explicou que xa están analizadas as perspectivas de ingresos propios e que os procedentes do Goberno Central se coñecerán a principios de setembro, polo que nese momento, puntualizou, xa estaremos en condicións de elaborar o orzamento de gastos.
O alcalde fixo fincapé en que o Concello vai seguir concentrando esforzos en emprego epolítica social, aspecto no que destacou que a administración local está a duplicar o gasto en comedores sociais ademais de dedicar máis de 700.000 euros ao albergue. Referiuse tamén aos recortes do Goberno Centra e da Xunta en axudas á dependencia a avanzou un "esforzo para tratar de mitigar esta perda". Rematou apuntando que unha vez que esta o documento elaborado, "llo pasaremos ao BNG para conseguir o seu apoio".
Descargar todas as imaxes