Escoitar
Un gran concerto para pechar as Festas do Verán vigués, este xoves ás 22.30 h. no IFEVI.

Serrat e Sabina, dous páxaros "contraatacan" en Vigo

O dúo artístico que forman Serrat e Sabina mestura de novo as súas voces neste 2012, despois do rotundo éxito que acadaran co primeiro traballo xuntos. "Dos pájaros de un tiro" deixa paso a "Dos pájaros contraatacan", xira na que presentan o seu novo disco "La Orquesta del Titanic".

martes, 14 ago 2012
1344942902serratsabina.jpg
Serrat&Sabina
Logo de que pasaran pola cidade Macaco, Siniestro ou Carlos Jean, a actuación de dous grandes artistas do panorama nacional como son Serrat e Sabina supón un peche ideal ó programa Vigo en Festas 2012, que o Concello puxo en marcha dende principio do mes de agosto. A cita do vindeiro xoves ás 22.30 h. no IFEVI antóllase ineludible.

Nun ano repleto de concertos, estes dous paxaros deleitarán ós seus seguidores en Vigo cos once temas do novo álbum conxunto, do que xa venderon máis de 200.000 copias, e con tódalas cancións populares que os levaron ao pedestal musical de España. O seu é un canto entre a lírica e o desgarro, un canto rebelde, comprometido en tempos difíciles como os actuais, un coa voz rota e outro cun tremor tamén rouco, a favor da felicidade duns poucos que esperan un globo que os eleve a mesma altura que eles e así poder voar con estes dous paxaros.

O recinto feiral de Vigo ofrece a posibilidade dunha masiva asistencia que a bo seguro terá lugar, no que se presenta como unha oportunidade única de presenciar en directos a dúas iconas do arte, un arte moi persoal, cheo de forza, e que coas súas voces unidas transmiten a tódolos presentes.

As entradas están á venda no servizo online de Servinova (www.servinova.es) ou no teléfono 902 504 500. O prezo é de 30€, sensiblemente inferior ao que adoitan custar os billetes para ás actuacións de este dúo, e que fai de este concerto unha oportunidade non só artística senón tamén económica, en relación a outras ocasións de velos en directo.
Descargar todas as imaxes