Escoitar

Castrillo asina un convenio coa Consellería de Industria para a promoción do IFEVI

martes, 1 out 2002
O alcalde de Vigo e presidente do Comité Executivo do IFEVI, Lois Castrillo, acaba de asinar un convenio coa Consellería de Industria para a promoción do recinto feiral de Cotogrande. A Consellería aportaralle ao IFEVI 139.403 euros para a promoción daqueles eventos que se desenvolven no pazo de exposicións de Cotogrande relacionados con productos galegos.

O IFEVI ten entre os seus obxectivos primordiais contribuír a potenciar o coñecemento e a venda de productos galegos a través da organización de feiras, xornadas divulgativas ou calquera outro tipo de eventos. Esa é tamén unha das finalidades da Consellería de Industria, a promoción dos productos do noso país para facelos máis competitivos nos mercados nacionais e internacionais. Esa confluencia de intereses é a que motiva a sinatura do convenio de colaboración.

Co financiamento da Consellería, o IFEVI desenvolverá accións promocionais das súas instalacións e dos eventos que acolle.