Vigo adscríbese á Rede Española de Cidade Saudables
A Corporación decidiu adherirse á Rede Española de Cidade Saudables que pretende impulsar o deseño de plans de actuación concretos e programas de educación de hábitos vitais, así como favorecer o intercambio de experiencias con outras cidades. Designáronse como interlocutores ao concelleiro delegado de Sanidade, como representante político, e ao director do laboratorio municipal, como técnico.
Os cinco elementos máis importantes do proxecto de cidades saudables no que participará o Concello de Vigo son:
-A formulación do concepto que conduza á adopción de plans de saúde para as cidades.
-O desenvolvemento de modelos adecuados de actuación. Abranguen desde accións ambientais ata programas desenvolvidos para apoiar cambios de estilo de vida que reflictan os principios de promoción da saúde.
-Monitorización e investigación da efectividade dos modelos de actividades na saúde das cidades.
-Intercambio de ideas e experiencias entre as cidades colaboradoras ou interesadas.
-Apoio mutuo, colaboración e aprendizaxe entre cidades.
Nos últimos anos estableceuse unha serie de novos parámetros que determinan se unha cidade é ou non saudable. No 1988 a Organización Mundial da Saúde fixou as condicións económicas, sociais e naturais precisas para que a poboación sentise que residía nun lugar salubre. Coa idea de trasladar ao ámbito municipal estes obxectivos xurdiu a Rede Española de Cidades Saudables, que actualmente agrupa o 30% dos españois.
En 1998, a Asemblea a Mundial da Saúde recoñece que a evolución da situación sanitaria mundial esixe que se practique a ”Política de saúde para todos no século XXI” mediante políticas e estratexias rexionais e nacionais pertinentes cos seguintes obxectivos:
1.-Solidariedade para a saúde na rexión europea da OMS
2.-Equidade en saúde
3.-Iniciar a vida en boa saúde
4.-A saúde dos rapaces
5.-Envellecer en boa saúde
6.-Mellorar a saúde mental
7.-Reducir as enfermidades transmisibles
8.-Reducir as enfermidades non transmisibles
9.-Reducir as lesións derivadas de actos violentos e de accidentes
10.-Un contorno físico san e saudable
11.-Unha vida máis saudable
12.-Reducir os danos derivados do alcohol, as drogas e o tabaco
13.-Escenarios promotores de saúde
14.-Responsabilidade multisectorial para a saúde
15.-Un sector sanitario integrado
16.-Xestión centrada na calidade da atención sanitaria
17.-Financiar servicios sanitarios e asignar recursos
18.-Desenvolver recursos humanos para a saúde
19.-Investigación e coñecemento para a saúde
20.-Mobilizar axentes para a saúde
21.-Políticas e estratexias de saúde para todos