Vigo integrarase na ”Asociación de municipios con territorio en parques nacionais”
A Corporación aprobou solicitarlle á ”Asociación de municipios con territorio en parques nacionais” a inclusión do Concello de Vigo como membro de pleno dereito ao dispor de espacio no Parque nacional das illas atlánticas. Os fins desta asociación son, entre outros, servir como foro de reunión e debate, adoptar o carácter de interlocutor válido para as relacións con outras administracións e apostar polos parques nacionais como verdadeiros motores de progreso, de xeración de riqueza e de emprego estable para os habitantes nestes municipios.
Ademais, esta asociación impulsa procesos educativos da comunidade que permitan unha cultura participativa de cohesión social e compromiso cidadán na construcción dun desenvolvemento harmónico co territorio.
No último ano, o colectivo alcanzou o número de 60 municipios asociados. Establecéronse contactos cos departamentos das comunidades autónomas e co Ministerio de Medio Ambiente para plantexar os posicionamentos xerais da asociación como unha meirande capacidade de decisión para os municipios ou a financiación adecuada das actuacións nos mesmos.
Entre os proxectos comúns está a promoción dun modelo de desenvolvemento sostible e dos procesos da Axenda Local 21, ademais do establecemento de estratexias que permitan comercializar un producto turístico centrado na rede de parques nacionais.
Descargar todas as imaxes