Belén Sío lembra que as persoas maiores son unha parte importante na sociedade
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, remitiu unha carta ós colectivos de persoas maiores de Vigo, con motivo do Día Internacional dos Maiores que se celebra hoxe. Na carta a concelleira resalta que a celebración deste día é un recoñecemento máis de que os maiores son unha parte da nosa sociedade e non unha parte calquera. É a que deixou os mellores anos das súas vidas no traballo cotiá que lle permitiu a esta sociedade, e a nosa cidade, as cotas de benestar que agora, gracias a vos, podemos drisfrutar tódalas persoas.
Belén Sío, manifestou que este grupo representa o 18% da poboación de Vigo e que ”é imprescindible que as persoas maiores participen activamente na vida social da cidade, xa que a súa experiencia é un dos elementos máis enriquecedores que podemos compartir”. O ano pasado beneficiáronse dos servicios e programas de Benestar Social 5.000 persoas de máis de 60 anos.
O Concello ofrece ós nosos maiores o servicio de axuda no fogar, centro de día, programa de deportes, obradoiro de danza e percusión, Consello Municipal da Persoas Maiores, abono social de telefónica, exención da tasa de lixo e bono bus, sendeirismo, ioga e obradoiros de teatro.
Na actualidade están registradas en Vigo 18 asosicacións de persoas maiores.
Textos da carta da concelleira de Benestar Social:DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS MAIORES
Hoxe celebrámo-lo Día Internacional das Persoas Maiores e esta Concellería quere, en primeiro lugar, felicitar efusivamente e este colectivo tan entrañable para nosoutros e, se puidese face-lo persoalmente, a cada unha/un de vos que sodes veciñas/os da nosa cidade.
A celebración deste día é un recoñecemento mais de que os maiores son unha parte da nosa sociedade e non unha parte calquera. É a que deixou os mellores anos das súas vidas no traballo cotiá que lle permitiu a esta sociedade, e a nosa cidade, as cotas de benestar que agora, gracias a vos, podemos disfrutar tódalas persoas.
De vos debemos aprender solidariedade, laboriosidade,entrega,etc.e por elo esta sociedade actual debe comprometerse aínda mais en proporcionarvos o que por xustiza merecedes: a maior atención.
Este compromiso que quero deixar expresamente sinalado debe ser partindo das Administracións Publicas, un compromiso de todos. Esta Concellería que dedica parte das súas actividades á atención e o ocio das persoas maiores, manifesta o seu compromiso de intentar incrementa-las súas accións destinadas a mellora-la vosa calidade de vida no día a día.
Finalmente agradecervos a vosa implicación en tódalas actividades que se celebran nesta cidade e a mensaxe de que o mais importante é aproveitar plenamente todo o caudal de experiencia que representades.
Gracias por todo, unha aperta
Descargar todas as imaxes