Escoitar

Dúas novas sentenzas avalan a actuación do Concello ante os recursos da Autoridade Portuaria

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este martes de dúas novas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que respaldan a actuación do Concello sobre o Plan Especial de Ordenación do Porto e inadmiten os recursos da Autoridade Portuaria de Vigo e de "Astilleros y Construcciones Lagoa". Na relación xurídica entre o Concello e a Autoridade Portuaria, os seis ditames xudiciais emitidos ata o momento foron favorables aos intereses da cidade.

martes, 15 mai 2012
1337085067urbanismo.jpg
Abel Caballero indicou que a próxima sesión da Xerencia municipal de Urbanismo do venres dará conta de diversas sentenzas xudiciais, entre as que sobresaen dúas do TSXG que respaldan a actuación do Concello sobre a normativa do Plan Especial do Ordenación do Porto, actuación que recurríu a Autoridade Portuaria e "Astilleros y Construcciones Lagoa", sen éxito.

O alcalde recordou que, na relación xurídica entre o Concello e a Autoridade Portuaria de Vigo, todas as sentenzas -seis, ata o momento- avalan a posición municipal, polo que Caballero estimou que "este é o momento de esixir responsabilidades" aos que descalificaron as medidas adoptadas polo goberno local ao respecto.

Ambos recursos –presentados "para evitar o derrubo dunha nave en A Lagoa", apuntou- foron rexeitados "categoricamente" polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, explicou Abel Caballero.

Máis sentenzas
A próxima Xerencia de Urbanismo tamén tomará coñecemento doutras dúas decisións xudiciais favorables aos intereses da cidade. Unha desestima un contencioso-administrativo sobre unha parcela anexa ao parque de A Seara que reclamaba ao Concello 1,4 millóns de euros.

A segunda, presentada por Eduardo Canabal, concede a razón ao Concello de Vigo ao declarar executada unha sentenza de 2004 que dictaminaba a ilegalidade do PERI do "Sensat", cos conseguintes derrubos. Os xulgados entenden que está executada porque o novo Plan Xeral da cobertura legal á actuación, evitando as demolicións.
Descargar todas as imaxes