Escoitar

O Concello cede 264.000 metros cadrados de terreo para a ampliación da Cidade Universitaria

Segundo avanzou hoxe martes o alcalde, a Xerencia de Urbanismo do próximo venres dará luz verde á cesión de 264.000 metros cadrados de terreo para a primeira fase da ampliación da Cidade Universitaria, parcelas cun valor de 3,9 millóns de euros que inclúen a Cidade Tecnolóxica de Vigo, CITEXVI.

martes, 15 mai 2012
1337085018alcalde4.jpg
Abel Caballero informou deste convenio de colaboración coa Universidade que validará a Xerencia municipal de Urbanismo esta semana para ampliar a Cidade Universitaria para os seus proxectos de investigación e docencia.

En total, o Concello de Vigo ten xa cedido á Universidade de Vigo 1,4 millóns de metros cadrados que, incluídas algunhas expropiacións realizadas, suman un valor económico cercano aos 10 millóns de euros.

O alcalde recordou que o convenio de colaboración que recibirá luz verde este venres inclúe os terreos onde está asentado o CITEXVI, parcelas que a Universidade achegou á entidade participada por esta e os gobernos autonómico e estatal.
Descargar todas as imaxes