Escoitar

Caballero ve con "satisfacción" a presenza de Volotea en Peinador, que unirá Vigo con Sevilla e Ibiza

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, mantivo hoxe martes unha reunión co director de comunicación e relacións institucionais de Volotea, Alfons Claver, e co Vigo Convention Bureau a efectos de coñecer o plan da low cost para Peinador. Volotea operará estas dúas rutas no verán, con tres frecuencias semanais, desde o 16 de xuño.

martes, 15 mai 2012
1337084960volotea.jpg
Abel Caballero subliñou que esta compañía de baixo custe traballará en Peinador sen ningunha axuda pública, o que "reafirma que o aeroporto de Vigo, cando non é obxecto de competencia desleal, ten recorrido".

Despois do voo inaugural o próximo 16 de xuño, as rutas con Sevilla e Ibiza operarán con regularidade os martes, venres e domingos. Ata o momento, segundo indicou Claver, ambos percorridos suman "máis de 3000 billetes vendidos" en cinco semanas no mercando, unha "cantidade significativa" para o responsable da empresa. Volotea cubrirá estos destinos con nove avions Boeing 717.

O alcalde de Vigo explicou que os membros da Vigo Convention Bureau recibiron con agrado a instalación de Volotea en Peinador. Recordou Caballero que nas últimas semanas, Vigo asistíu á chegada de Volotea, Iberia Express e Vueling á súa terminal aeroporturia, das que só a última percibe achegas públicas -do Concello de Vigo- na súa conexión con Londres e de xeito decrecente: "o aeroporto de Vigo ten un gran futuro se lle deixan competir en mercado", concluíu.
1337084960volotea.jpg
1337084967vcb.jpg
Descargar todas as imaxes