Mocións aprobadas pola Corporación municipal
O Pleno aprobou unha moción mediante a que se declara a totalidade do termo municipal de Vigo como zona desnuclearizada, de xeito que nin se establezan nin poidan circular por el elementos nucleares. Pediráselle unha declaración semellante a tódolos concellos da área metropolitana e á Deputación de Pontevedra e pregaráselle ó Parlamento galego unha solemne declaración comprometida coa defensa de enerxías limpas e sostibles entre as que non está a enerxía nuclear.
O Concello asumiu, noutra moción, unha táboa de reivindicacións básicas do colectivo de gays e lesbianas entre as que está o matrimonio civil, con tódolos dereitos que lle son inherentes, como o dereito das familias a ter e adoptar fillos, o permiso de residencia da parella se é estranxeira ou tódolos dereitos laborais e fiscais como o resto da cidadanía.
A posta en marcha inmediata de campañas institucionais que acheguen á realidade lésbica, gay, transexual e bisexual a toda a cidadanía e a contribución a eliminar os prexuízos existentes na sociedade son outras das reivindicacións. Ademais, esíxese que se garanta un tratamento respectuoso con esta realidade en tódolos ámbitos.
Pídese tamén a promoción de centros de acollida, bolsas de estudios e pensións de manutención específicos para menores que sofren nos seus fogares a violencia homofóbica e un compromiso claro coas políticas efectivas de prevención e loita fronte ó VIH-Sida. Denúnciase tamén que a supresión das pensións que veñen percibindo algunhas persoas VIH positivas agravan a situación de inxustiza e desprotección que sofren os compañeiros deste colectivo.