Un tercio dos pacientes de Cedro poderán recibir a súa medicación en unidades descentralizadas
Seis centros de saúde, dos 16 autorizados, dispensarán proximamente metadona dentro do proceso de descentralización ó que o 80% dos pacientes da unidade de tratamento Cedro están dispostos a acollerse para recibir unha atención de calidade. A representante do colectivo veciñal de afectados pola situación do entorno do centro Cedro Marta Ventas López interviu no Pleno da Corporación para esixirlles ós representantes municipais que encontren unha rápida solución á problemática que suscita a masificación de pacientes drogodependentes na zona.
”Os veciños do entorno de Pintor Colmeiro comprendemos a situación difícil pola que atravesan moitas das familias dos enfermos drogodependentes que son asistidos no centro Cedro e, desde esta perspectiva, os veciños queremos ver esta crúa realidade na que enfermidade e marxinación van da man pero desgraciadamente non se entenden con convivencia e seguridade á que todos temos dereito”, expresou Ventas.
Esta cuestión sanitaria xa foi debatida no pleno do 29 de novembro de 1999 no que se votou por acordo unánime ”aprobar a comunicación presentada pola concelleira delegada de Benestar Social sobre pronunciamento da Corporación da necesidade de dispensarlles metadona ós usuarios por medio dos centros de atención primaria do Sergas”. Algunhas das solucións achegadas foron a dispensación de metadona nos centros de saúde, dispensación da medicación polas farmacias, distribución do producto en pastillas ou un autobús distribuidor do fármaco.
Ó centro Cedro asisten diariamente entre 400 e 600 persoas das 1.500 adscritas. O Sergas, con total competencia nesta materia, é o que debe asumir a descentralización da dispensación de metadona como se efectou noutras comunidades autónomas. Segundo as previsións, un tercio dos pacientes que acoden a Cedro poderán recibir a súa medicación en unidades descentralizadas fóra deste centro.
Descargar todas as imaxes