A concelleira de Facenda ratifica que o Concello de Vigo ten ao corrente o 98% dos seus pagos
Na sesión plenaria deste mes, Raquel Díaz presentou o estado de execución orzamentaria correspondente ao terceiro trimestre do ano, que revela que o Concello de Vigo "non deixa a ninguén sen pagar" pois ten abonadas o 98% das facturas. A 30 de setembro, o goberno local executou máis de 160 millóns do orzamento, dos que preto de 30 millóns corresponden a investimentos. As contas "demostran o bo estado de liquidez" das arcas municipais.
A concelleira de Economía e Facenda subliñou que, dos 266 millóns de euros de orzamento, a finais de setembro xa foron executados máis de 160 dos que preto de 30 corresponden a investimentos.
O goberno local está ao corrente dos pagos a terceiros nun 98% e as previsións de ingresos sitúanse ao remate do terceiro trimestre no 80%, mostra de que as contas municipais nesta cuestión son "realistas".
Raquel Díaz detallou que este orzamento estase a reflictir en numerosas humanizacións de rúas por toda a cidade, na rehabilitación do edificio Garavilla, en zonas verdes e subvencións a fogares, nos parques biosaudables habilitados, nas 450 bolsas de inglés aprobadas, en axudas a emprendedores, na asistencia domiciliaria ou nos 500 traballadores formados polo Concello, entre outras.
Pola súa banda, a edil do grupo popular, María José Bravo, criticou o resultado orzamentario negativo dos organismos autónomos municipais da Xerencia de Urbanismo e do Instituto Municipal dos Deportes e solicitou a participación do PP na elaboración do orzamento do Concello para 2012. A este respecto, a concelleira de Economía e Facenda recordou que as contas do próximo ano seguen o seu procedemento ordinario e regulado e xirará en torno a "dúas palabras clave", a "austeridade e o emprego".