Escoitar

Caballero inaugura a escultura homenaxe ao señor Castro, o histórico vendedor de prensa vigués

O alcalde de Vigo, xunto á distintos membros da Corporación Municipal, inaugurou este venres fronte ao Museo Marco, en Príncipe, a escultura en homenaxe a Manuel Castro, histórico vendedor de prensa da cidade. Abel Caballero recordou que esta iniciativa partíu do anterior tenente de alcalde, Santiago Domínguez, e representa o "homenaxe da cidade" ao señor Castro e tamén aos traballadores dos medios de comunicación.

venres, 23 dec 2011
1324645404escultura.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que esta escultura a tamaño real pesa 300 quilogramos e mide 2,3 metros. Trátase unha "homenaxe á cidade" e aos medios de comunicación: "a través do señor Castro, estamos rendindo un tributo a todos e todas os que traballan todos os días na prensa".
Descargar todas as imaxes