O alcalde anuncia o inicio dos trámites para construír 44 vivendas sociais en Cambeses
Abel Caballero explicou hoxe o Concello inicia o procedemento administrativo para construír 44 vivendas sociais en Cambeses. Na sesión de Urbanismo desta mañá, segundo explicou o rexedor, tamén se deu luz verde á contratación da demolición parcial do edificio Churruca 3-5 por un valor de 424.000 euros.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe o inicio da proceso administrativo que permitirá construir 44 vivendas sociais en Cambeses. A Xerencia de Urbanismo iniciou hoxe dous expedientes para o alleamento de dúas parcelas de solo público, de 1.600 e 1.700 metros, para construir dous bloques de 5 alturas. Deste xeito, resaltou o rexedor, cumprimos co anuncio que fixo o Goberno en campaña electoral de construír vivendas sociais desde o ámbito municipal, ao tempo que avanzou que se continuaría coa coa oferta de máis parcelas.
Na reunión semanal de Urbanismo, contratóuse tamén a demolición parcial do edificio de Churruca 3-5, por un valor de 424.000 euros, "cumprindo así un mandato xudicial", dixo o alcalde "porque desde que Gobernamos nós as sentenzas xudiciais se cumpren". Tamén se concedeu unha axuda á rehabilitación por importe de 23.200 euros para un edificio sito na rúa Santiago, continuando coa política de recuperación do Casco Vello.
Na mesma liña, o rexedor explicou que se deu conta da concesión de 20 licenzas de obras para un investimento 820.000 euros. Das licenzas outorgadas, explicou, catro son de primeira ocupación. Tamén se deu luz verde a 3 licenzas de actividades. Por último, a Xerencia de Urbanismo acordou adxudicar o contrato de alleamento da parcela 263 do Patrimonio Municipal de Solo á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Cabral, polo importe en metálico de 198.000 euros