Escoitar

O alcalde garante os postos de traballo e as contratacións da empresa adxudicataria de Limpeza

Caballero avanzou hoxe o acordo coa empresa adxudicataria de Limpeza, FCC, e os sindicatos que garante o mantemento dos postos de traballo a as contratacións do ano que ven, tal e como se fixo anos anteriores. O rexedor amosou a súa satisfacción porque "estamos aquí para garantir o emprego sexa cal sexa a súa modalidade".

xoves, 22 dec 2011
1324559860caballero.JPG
A empresa adxudicataria de Limpeza FCC manterá todos os postos de traballo e as contratacións temporais do ano que ven. Así o asegurou esta mañá o alcalde , quen avanzou que o persoal da empresa responsable da Limpeza na cidade continuará "co sistema que funcionou nos últimos anos". Logo de explicar que os traballadores xa foran informados, amosou a súa satisfacción porque "estamos aquí para garantir o emprego sexa cal sexa a súa modalidade".

Ratificou que a empresa recibirá menos ingresos por parte do Concello porque "temos que facer un orzamento adaptado aos tempos que vivimos", matizando que "non facemos recortes, senón mellor utilización dos cartos públicos porque estamos en épocas nas que hai que facer aforro de diñeiro público".

Descargar todas as imaxes