martes, 20 decembro 2011

O alcalde subliña que o goberno local adicou 120.000 euros á mellora do pavillón de Rivera Atienza

Abel Caballero visitou este martes a reforma e ampliación do pavillón, en Lavadores, á que o goberno local destinou 120.000 euros para o aproveitamento das zonas baixo o graderío, convertidas nun aula de traballo, nunha oficina e nun ximnasio. Os últimos tres anos, asegurou o alcalde, foron "a época na que as instalacións deportivas de Vigo teñen a maior mellora de toda a historia da cidade".

Abel Caballero avanza que as reformas no albergue "nun mes poden estar rematadas"

martes, 20 dec 2011

Tras a primeira noite de actividade do dispositivo de emerxencia do frío, ubicado no futuro albergue de Marqués de Valterra, o alcalde vigués valorou que "funcionou maravillosamente ben", tras acudir 25 persoas. As obras a realizar no inmoble son "moi menores" e poderían estar rematadas "nun mes". "Estamos a acelerar o dispositivo para a licitación e adxudicación <da xestión> a unha empresa, como marca o convenio", adiantou o rexedor vigués.

Caballero presenta a nova edición do festival solidario Vigolandia, un "lugar de entretemento para toda a familia"

martes, 20 dec 2011

O alcalde de Vigo, xunto á concelleira de Cultura e ao xerente do IFEVI, presentou este martes a novena edición de Vigolandia, que celebrarase en Cotogrande do 26 ao 30 de decembro. O evento, que reúne a numerosos patrocinadores, ofrece un concurso de pintura, un espectáculo de maxia e múltiples actividades para nenos, adicando toda a recadación á asociacións solidarias de Vigo.

3ª mostra do Telón Quitao da Escola Municipal Teatro Vigo

martes, 20 dec 2011

O mércores día 21 de decembro terá lugar a 3ª mostra do Telón Quitao deste curso escolar da Escola Municipal de Teatro na AAVV Val do Fragoso, situada na rúa Val Miñor nº1 (enfronte o Estadio Municipal de Balaidos), ás 18:30 horas, coa representación da obra "O rapto da bibliotecaria"