3ª mostra do Telón Quitao da Escola Municipal Teatro Vigo
O mércores día 21 de decembro terá lugar a 3ª mostra do Telón Quitao deste curso escolar da Escola Municipal de Teatro na AAVV Val do Fragoso, situada na rúa Val Miñor nº1 (enfronte o Estadio Municipal de Balaidos), ás 18:30 horas, coa representación da obra "O rapto da bibliotecaria"
O RAPTO DÁ BIBLIOTECARIA
Unha adaptación do texto de Margaret Mahy do aula de repertorio da Escola Municipal de Teatro.
A señora Liboreiro, a bibliotecaria, é secuestrada por un grupo de bandidos, que pretenden conseguir un cuantioso rescate por parte do concello, pero veranse sorprendidos por sorprendente inimigo: o sarampión.....
As divertidas e disparatadas aventuras mestúranse coa vida dunha biblioteca como pano de fondo.
Unha Producción da Escola Municipal de Teatro de Vigo.
Elenco: Patricia Rodríguez López, Belén Chorén Sánchez, Peregrina Eiroa Patiño, Oliva Fernández Freire, Dolores Fernández Besada, Juan Pérez Costas, Eva Vila Barros e Antonia Céspedes Balongo
Dirección: Leonel García Laborde
Ayte. de Dirección: Antonia Céspedes Balongo
Entrada libre ata completar o aforo
O programa "A Telón Quitao"
Esta iniciativa didáctico-teatral é un espazo aberto á creatividade no que o alumnado mostra as
súas propias creacións artísticas. O obxectivo deste programa é ofrecerlle ao/a alumno/a un espazo de creación teatral libre, onde poida dar renda solta á súa creatividade, ademais de permitirlle subir ao escenario e enfrontarse ao público antes de participar na mostra de final de curso.
Este programa pretende potenciar a expresividade e a creatividade do/a alumno/a, e, para iso, potenciase a súa participación nestas mostras utilizando a menor cantidade de elementos de significación teatral externos ao actor/actriz, como a luz, a escenografía, o son etc. Preténdese fundamentalmente que o/a alumno/a utilice a súa voz e o seu corpo como elementos de significación fundamentais na súa proposta creativa.
Os traballos serán de varios tipos: improvisacións, traballos de interpretación, escenas musicais, mostras de expresión corporal......
Descargar todas as imaxes